Nun momento no que parece que vemos todo negro ou cando menos en tons grises, dende a ABE queremos trasladar unha mensaxe de esperanza baseada nas nosas últimas experiencias e nas campañas que veñen de rematar.
OS 4 MOTIVOS PARA ALEGRASE SON:
1- Na Campaña do Nadal que vimos de rematar repartíronse nada mais e nada menos que 80.000 rascas que dan unha proxección de volume de negocio de mais de 1 millón de euros, unha campaña á altura dos mellores anos.
A este dato sumarlle que entregamos mais de 3.000 premios directos, outros 3 premios nas campañas online e 3 mais para os mellores tempos en resolver o scape room dos escaparates da ABE.
E ollo, aínda este vindeiro luns temos o sorteo do #sueldazoabe 300 € durante 6 meses para un/unha agracidx.
2- Bonos regalo ABE . Sen duda unha das mellores ideas que tivemos nos últimos anos. Ata o día de hoxe vendemos bonos por valor de 675 €, un exitazo!
Son bonos que se venderon tanto para aguinaldos de empresa como a particulares que os deron como regalos e nadal.
Todo ese importe revirte integro nas empresas asociadas.
3- Subvencións. Na ABE somos especialistas en subvencións e este ano superamos o record de solicitudes presentadas (70), de subvencións aprobadas (65) e sobre todo de cartos conseguidos para os socios e socias da ABE, nada mais e nada menos que 245.000 € en axudas directas.
4- Socios e socias Outro record o de novas altas, este ano foron 30 os empresarixs que decidiron sumarse a gran familia da ABE, un incrible crecemento que nos reforza para seguir traballando aínda se cabe con mais ganas.
Son 4 motivos para mostrarnos esperanzados e demostras que a unión do sector empresarial Boirense pode acadar bos resultados ainda nas condicións mais adversas.
Dende a xunta directiva e xerencia da ABE queremos dar as gracias aos socios e socias e os clientes e veciños que nos apoian día a día.
#xuntoshABEmossairdesta